A AECC presenta a II edición dos Paseos Culturais por Ferrolterra

Trátase dunha actividade gratuíta, dirixida a pacientes e familiares, na que participarán un centenar de persoas, que desfrutarán da natureza, patrimonio cultural e convivencia. A actividade desenvolverase os sábados 23 e 30 de maio, e o sábado 6 de xuño polos municipios costeiros de Mugardos, Covas (Ferrol) e Valdoviño, en colaboración coa Policía Local e Protección Civil de cada localidade.

A sede da Asociación Española Contra o Cancro en Ferrol acolleu a presentación da II Edición dos Paseos Culturais por Ferrolterra. A presidenta da Xunta Local, Isabel Estevan, e a vicepresidenta, Mabel Sanesteban, explicaron os detalles desta segunda edición dunha iniciativa que comeza este sábado e está pensada para un centenar de pacientes oncolóxicos e familiares. As prazas xa están cubertas, aínda que existe a posibilidade de apuntarse á lista de espera.

Durante a presentación tamén tivo lugar a inauguración oficial do novo Espazo Activo Contra o Cancro da entidade, a sala multiusos destinada á atención e desenvolvemento de actividades para pacientes e familiares. Este espazo foi patrocinado pola Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao. O acto incluíu o descubrimento da placa situada na entrada desta sala, no que participou Lorena Pisani, representante da Autoridade Portuaria de Ferrol- San Cibrao.

Rutas por Ferrolterra

Os participantes dos Paseos Culturais desfrutarán de tres rutas pola comarca, nas que poderán gozar da natureza, do patrimonio cultural, da gastronomía, da música e doutras sorpresas aínda por desvelar. O transporte e as comidas están incluídas en cada unha destas etapas, para cuxa Asociación Española Contra el Cáncer Calle Real, 1-1º 15003 A Coruña. 900 100 036. asociacioncontraelcancer.esinscrición precísase realizar un depósito de 15€ por etapa (reembolsables ao finalizar o programa).

O primeiro paseo cultural comeza este sábado 23 de maio ás 8.45 horas no Porto de Ferrol, onde terá lugar a inauguración oficial.

Posteriormente os participantes trasladaranse en autobús ata Mugardos para visitar o Museo do Caldoval e coñecer a historia deste centro de interpretación dun xacemento romano atopado en Mugardos. A continuación, iniciarán a ruta que os levará ata o Mosteiro de Santa Catalina e desde alí a Montefaro. Posteriormente, descenderán ata o Casino Mugardés onde se celebrará o xantar. O camiño de regreso a Ferrol nesta ocasión será na lancha de Mugardos.

A segunda etapa, prevista para o sábado 30 de maio, se realizará entorno a Covas (Ferrol), visitando cun guía o Faro do Cabo Prior, e parando despois nun restaurante da zona para a comida.

Por último, os Paseos Culturais rematarán o sábado 6 de xuño cun percorrido polo municipio de Valdoviño no que os participantes gozarán da paisaxe da lagoa de Valdoviño, a Praia Pequena, o Miradoiro de Paraño, e realizarán unha ruta que os levará ata as praias da Rosela e de Prados, para finalizar cunha comida en Pantín.

Esta iniciativa é posible grazas ao patrocinio da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Tamén se conta co apoio da Policía Local e de Protección Civil dos tres municipios de Ferrol, Mugardos e Valdoviño, nos que se desenvolverán os paseos.

Lea también

El Teatro Jofre de Ferrol acoge este jueves un concierto especial de la Unidad de Música del Tercio Norte

Con motivo del día de la Fiesta Nacional del 12 de octubre, las Unidades de …