Valdoviño acolle o II obradoiro do programa de prevención do risco dixital «Medrando entre pantallas»

O auditorio da casa da cultura foi escenario do segundo obradoiro do programa de prevención do risco dixital «Medrando entre pantallas», que organiza o Concello de Valdoviño atendendo a unha das solicitudes trasladadas pola ANPA do CPI Atios.

Esta segunda sesión rexistrou unha moi boa acollida por parte das familias, que seguiron con atención a exposición, na que se abordaron contidos como o control parental dos smartphones.

O Concello volveu apostar polo servizo de conciliación para facilitar a asistencia, e desta volta, tamén puxo a disposición das persoas asistentes un servizo de intérprete de lingua de signos, atendendo á demanda formulada polas familias. A terceira e ultima sesión do programa celebrarase o día 28, e a inscrición está aberta.

O trámite pode realizarse de xeito presencial – planta baixa da casa consistorial-; no teléfono 981 48 70 41 extensión 5 ou email servizos.sociais@concellodevaldovino.com. A participación é de balde

Lea también

Evacuadas 12 personas de un tren detenido en un túnel en Mañón por la presencia de una chapa metálica en la vía

Una docena de personas ha sido evacuada de un tren detenido en la noche del …