Neda demanda a mellora do financiamento do servizo de axuda no fogar

O Concello de Neda acorda solicitar ás administracións autonómica e central, competentes en materia de atención á dependencia, avancen cara ao financiamento íntegro do Servizo de axuda no fogar, un recurso clave para garantir a permanencia no fogar de moitos veciños e veciñas con problemas de autonomía. 

Pleno marzo en Neda

A demanda, abordada na sesión plenaria deste mediodía, a iniciativa dos nacionalistas, concitou o respaldo de todos os grupos agás do PP. O pleno deu luz verde ao texto, que alude ao “infrafinanciamento estrutural” do actual sistema, denunciando que se está a trasladar o custo deste servizo fundamental aos concellos, e reclama, entre outras cuestións, ir máis aló da mellora pactada entre a Xunta e FEGAMP ata conseguir no 2027 o financiamento íntegro.

O rexedor municipal, admitindo que as novas axudas por hora aprobadas melloran a situación de partida, subliñou que resultan insuficientes, demandando que a Xunta de Galicia asuma dunha vez por todas a prestación deste servizo. Nesta liña, a moción avoga aprobada avoga por un novo modelo integral público de coidados. O PP, aínda admitindo que o sistema é mellorable, o PP votou en contra do texto que cualificou de “panfleto contra a Xunta”.

Outros asuntos aprobados

Idéntico respaldo obtivo a moción a prol a igualdade real que reafirma o apoio ao movemento feminista galego e solicita, entre outras cuestións, o reforzamento da rede galega de Centros de Información á muller.

Durante a sesión ordinaria, desenvolvida na Casa do Concello, prosperaron por unanimidade correccións técnicas nos proxectos de mellora das infraestrutura de abastecemento de auga recentemente aprobados e a adhesión ao convenio coa Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da administración dixital.

Finalmente, o Concello deu luz verde por maioría absoluta á normativa de mínimos para preservar o papel das redes sociais institucionais como “canles públicas de información veraz e actualizada sobre a actividade municipal” e “favorecer a interacción cidadá dentro dun marco de respecto, convivencia e cumprimento da legalidade vixente” (por exemplo, as de protección datos e propiedade intelectual).

A oposición desmarcouse.
Non prosperou a moción sobre a agresión militar contra Irán, ante a negativa do BNG de retirar do texto cuestións como a saída de España da OTAN, e tampouco a relativa ao alumeado ao estar o Concello a traballar xa no tema.

Lea también

La Biblioteca Municipal de Ortigueira recibe el premio “Bibliotecas que inspiran”

La Biblioteca Municipal de Ortigueira ha sido galardonada con el premio “Bibliotecas que inspiran” por …