Valdoviño solicita a Medio Ambiente medidas fronte ós ataques dos lobos

Remitiu un escrito á consellería dando traslado dos ataques rexistrados no municipio.

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, remitía a semana pasada un escrito á Consellería de Medio Ambiente solicitando a adopción das medidas oportunas para garantir a protección da actividade gandeira fronte ós ataques dos lobos sen menoscabo do respecto á fauna salvaxe.

Dado que o departamento autonómico é o competente na materia, o Concello de Valdoviño poñía en coñecemento do mesmo os ataques rexistrados nos últimos tempos en explotacións gandeiras do termo municipal, e pedía a Medio Ambiente que tomase cartas no asunto.

Así mesmo, o Concello lembra que a Xunta conta co teléfono 012 para comunicar os ataques de lobo en Galicia e solicitar as axudas por danos. No Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro de 2025 está publicada a orde que as regula https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251215/AnuncioG0760-041225-0003_es.html.

Lea también

A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia despide en Valdoviño a unha nova promoción

Entre aplausos, con moita emoción e máis dunha bágoa, a Aula da Natureza-Punto de Atención …