Fene acolle a exposición «Gritos en el silencio» de Lucas Blanco

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene acolle do 1 ao 29 de abril a exposición «Gritos en el silencio», resultado das múltiples viaxes do fotógrafo Lucas Blanco.

Verdadeiras experiencias de vida nas que coa súa cámara da voz, capta, denuncia e amosa a inxustiza e as duras realidades noutros lugares do mundo; a vida nos campamentos de refuxiados saharauis, en Arxelia; nos campamentos de refuxiados sirios, no Líbano; nas escolas andinas Jatari Unancha, de Ecuador; no proxecto de ecodesarrollo Gaia, en Senegal; e nas chabolas de Bombai e Calcuta; así como na Fundación Vicente Ferrer, da India.

O autor ofrece a colexios (alumnado maior de 12 anos) ou asociacions interesadas a posibilidade de realizar una visita guiada, para o que podedes contactar enviando un correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal.

A mostra poderá visitarse nos seguintes horario especial Semana Santa

Do luns 30 ao mércores 1 de abril (ao igual que o luns 6 de abril) _ De 10:00 a 14:15 horas. Do xoves 2 ao domingo 5 de abril_ PECHADO.

A partir do martes 7 reanudarase o horario habitual da Casa da Cultura: De luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.

Lucas Blanco, nado en Ares (aínda que residente en Narón), defínese como un apaixonado da fotografía, disciplina que considera “unha forma de expresarme, de amosar o que sinto, ao igual que a música”. Ademais, explica que o seu traballo ten unha finalidade porque “eu comecei a estudar fotografía para tentar cambiar o mundo”.

Algunhas das exposicións que ten realizado foron: Con “Exiliados en la arena”: Centro de Cooperación y Desarrollo de Sevilla, no Otoño Solidario; no Palacio Conde Toreno, de Oviedo (Exiliados en la arena); na Asamblea NACIONAL de Quito, Ecuador (pola inauguración da Embaixada da Republica Nacional Saharaui); no Torrente Ballester, de Ferrol.

Con “Gritos en el silencio”: Fisterra, Concello de Cee, Vizela (Portugal), Exponav, Café de Macondo…

Ademais, é coautor de tres libros, todos eles con finalidade solidaria:

Corazón negro, con fotografías e textos de Lucas Blanco e textos de Mar Herrera. Publicación destinada á construción de bibliotecas nos campos de refuxiados saharauis, a través do proxecto BUBISHER. Tal e como explica Lucas Blanco: “Creáronse estas bibliotecas porque hai un montón de nenos e nenas que non poden saír dos campamentos porque están nun territorio prestado, son apátridas. E nas bibliotecas, a través da lectura, teñen unha ferramenta para poder viaxar sen moverse do seu fogar”

Silencios, con fotografías e textos de Lucas Blanco e textos de Amelia de Querol. Destinado a recaudar fondos para a Fundación Vicente Ferrer. “Este proxecto xordiu a raíz dunha viaxe á India para ver la fundación primixenia, a que se fundou en 1969”.

Sinergias. con fotografías e textos de Lucas Blanco e textos de sete escritores/as. Deste libro editáronse mil exemplares que se distribuiron entre distintas asociacións, repartidas por todo o territorio nacional, en apoio ao pobo saharaui.

Lea también

El Festival Internacional de Entes Animados se despide de Neda con el espectáculo “Alex Barti show”

El VIII Festival Internacional Entes Animados vuelve en su última semana a Neda.  La Casa …