Celébrase a “Xuntanza de mulleres de Neda” no centro cívico da localidade

O Concello de Neda pechaba o domingo 29 de marzo a programación deseñada para conmemorar o 8M coa “Xuntanza de mulleres de Neda” no centro cívico da localidade.

A concelleira de Igualdade, Ángeles Puentes, acompañada das edís de Cultura, Marián Bello, e Sanidade, Margarita Díaz, daba a benvida ás participantes, entre elas, directivas e integrantes de diferentes entidades do municipio como a Asociación de Mulleres Rurais Val do Belelle ou a Asociación de Amas de Casa, das que destacaba o seu compromiso e traballo a favor da dinamización sociocultural de Neda.

Facía tamén balance deste mes, no que o Concello desplegou unha morea de accións deportivas, educativas, culturais, sanitarias… no marco do programa do Día Internacional da Muller, ratificando o compromiso de continuar neste camiño de igualdade os 365 días do ano.

E tras a súa breve intervención, daba comezo o xantar e os momentos para compartir ao redor da mesa. Un espazo de encontro que se estenderá ao longo da tarde con tempo para o baile ao son da música en directo de Eli Avero.

Lea también

La Biblioteca Municipal de Ortigueira recibe el premio “Bibliotecas que inspiran”

La Biblioteca Municipal de Ortigueira ha sido galardonada con el premio “Bibliotecas que inspiran” por …