Oito equipos sénior de fútbol sala compiten na “Copa Concello de Neda”

O pavillón municipal Ale de Paz acolle dende este sábado os partidos da “Copa sénior Concello de Neda”. Unha cita xa habitual no marco da programación na localidade da Liga Social de Fútbol Sala, cuxa competición regular remataba a semana pasada, coa proclamación, un ano máis de Nuevo Minuetto-Radio Car como campión.

El torneo de Copa, organizado tamén pola delegación en Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol, coa colaboración do Concello de Neda, disputarase os tres próximos sábados de maio na citada instalación deportiva. E brindará unha nova oportunidade de medirse a oito dos equipos que, ao longo dos últimos meses, xogaron a liga regular.

A veciñanza afeccionada ao fútbol sala poderá seguir este sábado os catro partidos eliminatorios que decidirán quen pasa á rolda de semifinais. Así, a partir das 17 horas, o Nuevo Minuetto Radiocar enfrontarase ao Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene F.S.

Deseguido, a local SCD Roxal medirase co F.S. Santa Mariña do Monte. Seguirá, a partir das 19 horas, o enfrontamento entre o Estrella del Muelle- subcampión de liga- e o Galicia de Caranza-San Juan B.

E para rematar esa tarde chea de deporte, ás 20 horas, comezará o partido entre Selecta Caffé FS. e Ares Futsal.

Segundo avanzan dende o Concello de Neda, as semifinais está previsto que se disputen na xornada do 23 de maio e a final o sábado 30.

Lea también

Neda se adhiere, un año más, al Programa Gallego para la vigilancia y control de las velutinas

El Concello de Neda acaba de firmar el protocolo de adhesión al Programa Gallego de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *