O Talentiño encara os últimos días de inscrición para a súa cuarta edición

Fot. Paula Seoane e Sofía Hernández, gañadoras nas categorías Instrumentistas e Vocalistas na edición anterior, posan no salón de actos do Campus Industrial de Ferrol colaborador nesta edición.

O concurso O Talentiño afronta as súas últimas horas de inscrición, que permanecerá aberta ata a medianoite deste sábado, 28 de marzo, para participar na súa cuarta edición, consolidada xa como un dos eventos culturais emerxentes máis destacados.

Tras a apertura do prazo, que por primeira vez ampliou a participación a toda a provincia da Coruña, o certame encara a recta final animando aos últimos interesados a formalizar a súa inscrición e non perder a oportunidade de formar parte desta experiencia única para novos talentos. Dende a producción do Certame animan así a todos os mozos e mozas a “inscribirse nesta edición tan especial para nós na que damos un salto importante a toda a provincia, contando co apoio do Concello de Ferrol e do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña”

As persoas interesadas poden completar o proceso a través da páxina web oficial (www.otalentino.es) e da web específica desta edición (2026.otalentino.es), antes do peche definitivo.

A cuarta edición do concurso, que conta co respaldo do Concello de Ferrol e coa colaboración do Campus Industrial de Ferrol da UDC, culminará cunha gran final que terá lugar o vindeiro 12 de abril no emblemático Teatro Jofre, ás 19:00 horas, con entrada libre ata completar aforo. A produción do festival está preparando, ademais, numerosas sorpresas para esta edición provincial, reforzando así o carácter especial desta convocatoria.

Un xurado de prestixio

O xurado estará composto pola cantante Lucía Pérez; o cantautor Xavier Vizcaíno; a bailarina e coreógrafa
Eva Faraldo; e o dúo Caamaño & Ameixeiras, integrado por Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras.

Todos eles achegan unha ampla traxectoria profesional nas súas respectivas disciplinas, garantindo unha
avaliación de calidade. Ademais, nesta primeira fase de visionado e valoración de vídeos, contarán co apoio do acordeonista, profesor universitario e cofundador do concurso, Joaquín Enríquez.

Premios e recoñecementos

Os gañadores de cada unha das cinco categorías (Vocalistas, Instrumentistas, Danza Lírica, Danza Urbana e Variedades) recibirán un premio de 300 euros e terán a oportunidade de actuar no concurso da TVG “Quen Anda Aí”, mentres que os finalistas serán recoñecidos cunha entrada para un parque de aventuras.

Así mesmo, manterase a mención especial para aquelas actuacións que destaquen pola promoción da lingua e da cultura galegas, reforzando o compromiso do certame coa identidade cultural.

Con este peche de inscricións, O Talentiño reafirma o seu papel como plataforma de impulso para novos talentos musicais e da danza, consolidándose como unha cita imprescindible no panorama cultural galego.

Lea también

El Gobierno acepta indemnizar a los familiares de Amador Rey, asesinado en Ferrol en marzo del 72

El Gobierno está estudiando ya medio centenar de peticiones «para que se repare e indemnice …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *