O Museo de Historia Natural de Ferrol organiza visitas guiadas gratuitas en Semana Santa

O Museo de Historia Natural de Ferrol, con motivo da Semana Santa 2026, organiza visitas guiadas gratuítas para o público o martes 31 de marzo e o mércores 1 de abril, en unha quenda de mañá de 11:30 a 12:30 horas e unha quenda de tarde de 17:30 a 18:30 horas. O límite máximo de 20 persoas por grupo.
 
 
Non se precisa a inscrición previa, só presentarse no museo uns minutos antes do comezo de cada quenda de visita. Para máis información no correo electrónico museo@sghn.org e nos teléfonos 698 141 384 e 881 93 13 15
 
Estas visitas guiadas que organiza o Museo de Historia Natural son gratuítas, ao estar patrocinadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.
 
Por outra parte, o horario de atención ao público do Museo de Historia Natural de Ferrol durante a Semana Santa 2026 será o seguinte: Os luns 30 de marzo e 6 de abril o museo estará pechado. Sábado 28 de marzo, martes 31 de marzo, mércores 1 de abril e sábado 4 de abril de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas. Domingo 29 de marzo, xoves 2 de abril, venres 3 de abril e domingo 5 de abril de 10:30 a 14:00 horas

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …