As Somozas mellora o equipamento técnico e deportivo do pavillón municipal

Adquiríronse novas máquinas e material, co obxectivo de ofrecer á veciñanza un espazo máis completo, seguro, funcional e adaptado a todas as necesidades das persoas usuarias.

Equipamento técnico e deportivo do pavillón municipal de As Somozas

O Concello das Somozas continúa fomentando e apostando pola saúde e o deporte, desta vez a través da mellora do equipamento técnico e deportivo do pavillón municipal do municipio. O Concello, a través dun investimento de fondos propios de preto de 15.000 euros, adquiriu e instalou novas máquinas e material no recinto, co obxectivo de ofrecer un espazo más completo, seguro, funcional e adaptado ás necesidades de todas as persoas usuarias.

Tras a instalación da nova maquinaria, o Complexo Multiusos do municipio conta cunhas instalacións deportivas máis modernas e actualizadas, que permiten facer deporte nas mellores condicións posibles e unha maior optimización dos espazos.

Pavillón municipal de As Somozas.

Segundo indica o rexedor, Juan Alonso Tembrás, “o obxectivo deste novo equipamento é continuar apostando pola saúde e o benestar de toda a veciñanza”, así como “contar cun pavillón polideportivo mellorado e máis moderno, no que as entidades deportivas locais e a veciñanza poidan practicar deporte coas maiores facilidades”.

O alcalde engadiu que “desde o noso equipo de goberno seguimos apoiando a práctica deportiva e os hábitos de vida saudables, promocionando todo tipo de actividades que fomenten a realización do deporte desde idades temperás”.

Lea también

Actualización sobre el abastecimiento de agua en el Concello de Neda

Veolia, empresa concesionaria del servicio municipal de abastecimiento, sigue trabajando en alternativas para aumentar el …