A Oficina Móbil Retorno ofrecerá asesoramento e información a próxima semana en Valdoviño

Permanecerá no municipio o mércores 1 de abril de 9:00 a 14:00 horas.

Archivo.-Oficina Móbil Retorno en visita a Ferrol en 2025

Unha das unidades móbiles da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno visitará Valdoviño a próxima semana. O mércores 1 de abril, de 9:00 a 14:00 horas, permanecerá no aparcadoiro da Porta do Sol – fronte á Casa Joselito- para ofrecer información, asesoramento, acompañamento e seguimento aos galegos do exterior que retornan a Galicia e ás súas familias, dando resposta ás súas demandas e necesidades no momento da chegada.

A oficina busca favorecer a efectiva integración sociolaboral de toda familia que retorna a Galicia ofrecendo asesoramento, entre outros, sobre trámites administrativos anteriores e posteriores ao retorno; prestacións, subvencións ou axudas; asistencia sanitaria; vivenda; formación ou orientación laboral e emprendemento.

Para acceder ao servizo, é preciso solicitar cita previa a través do teléfono 900 102 380. O servizo móbil, que impulsa a Secretaría Xeral de Emigración co apoio dos concellos, conta con financiamento da UE.

Lea también

Neda entrega entre sus vecinos, packs de bolsas reutilizables de reciclaje

Alrededor de cincuenta hogares en Neda cuentan con los paquetes de bolsas de reciclaje, distribuidos …