Secundaria do CPI Atios en Valdoviño toma parte na campaña «Agresión OFF, Eu digo non á violencia sexual»

O Concello de Valdoviño, en colaboración co CPI Atios, convidaba ao alumnado de Secundaria do centro a participar a semana pasada na campaña «Agresión OFF, Eu digo non á violencia sexual».

A iniciativa da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero chegaba ao noso municipio a instancias da concellería de Servizos Sociais, actividade incluída na programación «Somos e Contamos» deseñada polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller.

A través de obradoiros e xogos, o seu obxectivo foi facilitar información aos mozos e mozas sobre a violencia sexual en particular e sobre a violencia de xénero en xeral, como previla, detectala e combatela, ofrecendo pautas claras de actuación.

Ademáis, buscou sensibilizar e concienciar sobre a importancia de rachar coas condutas violentas e non igualitarias, tanto nas relacións sociais como de parella, facendo fincapé na identificación das múltiples formas de micromachismos e violencias cotiás que sofren as mulleres, e promovendo modelos de relación afectivo-sexual baseados no respecto e a tolerancia.

Lea también

Un joven de 24 años de As Pontes falleció al desplomarse sobre él una pieza de media tonelada

Un accidente laboral acabó este miércoles, 6 de mayo, con la vida de un joven de 24 años, vecino …