O Lago das Pontes acolle o campeonato de España da clase Vaurien

As Pontes acolle do 1 ao 5 de abril de 2026 o Campionato de España da clase Vaurien, unha cita deportiva de ámbito estatal que terá lugar no Lago das Pontes e que estará organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes por delegación da Real Federación Española de Vela.

O evento conta coa colaboración da Asociación Nacional da Clase Vaurien, a Real Federación Galega de Vela, o Concello das Pontes e a Deputación da Coruña. Durante a presentación oficial déronse a coñecer tamén o logo e o cartel que representarán esta 62ª edición do campionato.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, destacou a importancia de acoller unha proba destas características: “Este campionato supón unha gran oportunidade para seguir posicionando As Pontes como un referente no ámbito dos deportes náuticos e para poñer en valor o noso lago como espazo privilexiado para a práctica deportiva”.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Elena López, sinalou que “a celebración desta competición é o resultado do traballo conxunto das entidades deportivas e das institucións, e permitirá dinamizar a actividade deportiva e económica do municipio durante eses días”.

No acto de presentación participaron representantes da directiva do Club de Vela Fluvial As Pontes, así como membros da corporación municipal.

O Campionato de España da clase Vaurien reunirá nas Pontes a regatistas de todo o país, consolidando o municipio como escenario destacado para a celebración de eventos deportivos de alto nivel.

Lea también

El obispo de Mondoñedo Ferrol presidirá una misa de desagravio tras el robo en la iglesia parroquial de Guitiriz

Desconocidos entraron el pasado sábado a mediodía en la iglesia parroquial de Guitiriz y cometieron …