O Xeoparque Cabo Ortegal convértese no paraíso do turismo activo durante Semana Santa

O programa conta con actividades durante todos os días desde o 28 de marzo ata o 5 de abril.

Fuente Fot.- Xeoparque Cabo Ortegal

O Xeoparque Cabo Ortegal contará esta Semana Santa cun amplo catálogo de actividades de turismo activo. A proposta comeza este sábado, 28 de marzo, e desenvolverase durante un total de nove días ata o próximo domingo, 5 de abril.

As actividades están adaptadas a todo tipo de públicos, sempre respectando os valores de sostibilidade e respecto coa contorna promovidos desde o Xeoparque Cabo Ortegal. As persoas interesadas deberán reservar a súa praza previamente a través do sitio web geoviajesortegal.com e consultar os detalles especificados para cada unha das iniciativas.

As experiencias están coidadosamente deseñadas para que as persoas visitantes poidan achegarse ao territorio do xeoparque e coñecer o seu patrimonio natural, histórico e cultural dun xeito único e atractivo, mentres realizan deporte ao aire libre. Deste xeito, os e as visitantes poderán realizar diferentes rutas de sendeirismo a pé ou a cabalo, e tamén descubrir a vía ferrata da Senda do Santo.

Fuente Fot.- Xeoparque Cabo Ortegal

Programa completo:

·      Sábado 28/03: XeoRuta do Toelo en Moeche

·      Domingo 29/03: Ruta Cal da Loba a cabalo

·      Luns 30/03: Vía Ferrata Senda do Santo

·      Martes 31/03: Ruta Acantilados de Loiba e Ribeira do Carro

·      Mércores 01/04: Sendeiro das Ferrerías en Valdoviño

·      Xoves 02/04: Altos de Santo André entre flora, fauna e xeoloxía

·      Venres 03/04: Unha viaxe mariñeira en Cedeira

·      Sábado 04/04: Ruta ecuestra de Meirás

·      Domingo 05/04: XeoRuta da Lousa en San Sadurniño.

Lea también

Nombramiento de la periodista Pilar Varela como madrina de Equiocio Ferrol

La periodista Pilar Varela se convierte en la madrina oficial de la edición 35 aniversario …