Triatlón Ferrol, no top-30 dos campionatos de España de dúatlon contrareloxo e por remudas

O equipo masculino do Triatlón Ferrol rematou en 28 posición tanto no campionato de España de dúatlon contra o reloxo como no campionato por remudas.

O conxunto formado por Iván Puentes, Hugo Prida, Manuel Pozuelo, Hugo Goiriz, Joan Ferrer e Daniel Esbrí, chegou a rodar en 25o posto no segmento ciclista da proba contra reloxo.

Na competición por remudas, os elixidos foron Manuel Pozuelo, o máis rápido do trío, Daniel Esbrí e Hugo Prida. Con estes resultados na liga nacional de dúatlon de Primeira División, o equipo ferrolán baixará de categoría ao final de temporada.

Lea también

«XIII Trofeo de Baile deportivo»-Concello de Fene

Este domingo 22 de marzo se está desarrollando el «XIII Trofeo de Baile deportivo – …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *