Os pequerrechos da Aula da Natureza de Valdoviño volven implicarse na protección da galiña de Mos

Recibían esta semana a incubadora cos ovos dos que sairán os pitiños.

Fuente Concello de Valdoviño

A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia recibía esta semana a visita dos técnicos da Asociación Avimós. Como cada ano dende hai xa 8, regresaban ao centro para facerlles entrega da incubadora na que se formarán os pitiños da raza galiña de Mos nos próximos 21 días. Xunto ás educadoras Montse, Rosi e María, os pequerrechos e pequerrechas seguían con máxima atención as instrucións para garantir os coidados precisos que garantizarán un correcto funcionamento do aparello, como humidade, temperatura e ritmo de volteo.

Deste xeito, nenas e nenos volven contribuír á conservación e protección da galiña de Mos, unha raza autóctona en perigo de extinción. O proxecto iniciábase ao ano seguinte de abrir o PAI, e ao longo deste tempo, moitos dos pitiños foron «adoptados» polas familias.

Lea también

Fene renovará a cuberta da Escola Curros Enríquez de Maniños, un referente do patrimonio indiano local

A actuación conta cunha subvención da Deputación da Coruña destinada á protección do patrimonio cultural …