Entrega de premios en Valdoviño do II Pasea e Tapea

O restaurante O Castro, en Pantín, acollía á tardiña o acto de entrega dos premios do II Pasea e Tapea por Valdoviño organizado polo Concello co apoio da hostalería local e a participación de 18 establecementos do municipio.

O alcalde, Alberto González, e a concelleira de Turismo e Cultura, Rosana García, xunto aos edís de Servizos e Infraestruturas Viarias, Benito Vega e Germán Gómez, respectivamente, facían entrega das caixas con produtos gastronómicos a Nuria Pérez, Ana María Pereiro e Cristina López, gañadoras dos sorteos.

Un detalle que tamén recibía o equipo ao completo do restaurante O Castro, que presentaba a tapa gañadora do certame, a canastilla crocante de roupa vella. 

Lea también

Inscricións abertas en Valdoviño no curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Valdoviño abre inscricións nun curso de introdución á lingua e á cultura …