Neda acolle a estrea en primicia do espectáculo “Unha señora orquestra”

Ailén Kendelman, actriz e compositora da extinta compañía A Panadaría, protagoniza a obra.

Neda será o escenario este venres 20 da estrea oficial do espectáculo “Unha señora orquestra”.

Un proxecto con Ailén Kendelman, actriz e compositora da desaparecida compañía A panadaría, que combina teatro, humor, e músicas do mundo.

Terá lugar a partir das 20:30 horas.

A Casa da Cultura acollerá en primicia a representación desta singular obra na que unha única intérprete acciona varios instrumentos á vez mediante un sistema de mecanismos, cordas e roldanas.

Ritmos galegos, músicas do leste e folclore latinoamericano mestúranse nesta función, que promete humor, e espírito festivo.

En “Unha señora orquestra”, Kendelman- Premio María Casares á mellor música orixinal no 2022, Premio FETEGA á mellor interpretación no 2018 e Premio Martín Códax de músicas de verbena no 2017- acciona simultaneamente acordeón, bombo, caixa, pratos e diferentes aerófonos, construíndo un espectáculo musical e teatral no que o público se converte tamén en parte activa.

A proposta, xurdida da colaboración entre Ailén Kendelman e a dramaturga Areta Bolado, combina estilos tan diversos como a muiñeira, a milonga, a polca, o tango ou a cumbia, configurando un repertorio festivo que bebe das músicas populares e da tradición oral.

As entradas, cuxa venda anticipada se iniciaba o pasado luns, estarán á venda este venres durante toda a xornada na biblioteca municipal de Neda. O prezo é de 2 euros.

Lea también

La Sala Curuxeiras del puerto de Ferrol acoge la exposición “Sensaciones” de Chechela García

La Sala Curuxeiras del puerto de Ferrol acoge una nueva exposición de pintura. Se trata …