CITES FERROL organiza a presentación dun novo pandeiro pensado para os Cantos de Taberna

Organizado por Cites Ferrol grazas ao programa Ferrol Cidade Aberta ás Expresións que financia a Deputación da Coruña, o músico e divulgador Emilio Romero Fabal presenta este sábado 21 de Marzo un proxecto que nace da unión entre tradición e evolución: un pandeiro deseñado para os Cantos de Taberna.

AVV a madalena ferrol

A presentación terá lugar de 12:00 a 13:00 horas na Asociación de Veciños A Madalena (rúa Lugo esquina Galiano), onde explicará o proceso de creación do instrumento, os materiais empregados —como madeira seleccionada e pel de cabra curtida de maneiratradicional— e as decisións técnicas que permiten acadar un son máis grave e envolvente, pensado para acompañar o canto colectivo.

Este novo pandeiro xorde da necesidade de adaptar o instrumento ás formas actuais de tocar e compartir a música, permitindo diferentes técnicas de agarre e facilitando a súa utilización en contextos festivos e participativos.

A xornada continuará a partir das 13:00 horas no Café Bar Sevilla, cunha sesión de cantos de taberna aberta ao público, na que participarán Os Cantaberneiros, Algalía e As Pandereteiras de Canido.

Ademáis, realizarase o sorteo dun pandeiro entre as persoas asistentes.

A proposta busca non só dar a coñecer un novo instrumento, senón tamén poñer en valor a música tradicional como espazo de encontro, celebración e identidade. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Lea también

El activista propalestino Bruno Lopes pedirá de nuevo el archivo de la causa contra él por un supuesto delito de odio

El activista propalestino Bruno Lopes ha declarado este viernes en los Juzgados de Ferrol en …