Pontedeume será escenario dunha nova película de Vaca Films

A produtora de éxitos como Celda 211, El Niño ou Clanes, en colaboración con Federation Entertainment, elixiu o municipio para rodar a súa nova longametraxe.

O Concello de Pontedeume anuncia que será o escenario da rodaxe dunha longametraxe da produtora Vaca Films en colaboración con Federation Entertainment.  Despois de semanas de conversas, xa se pode confirmar oficialmente que a produtora de éxitos como Celda 211, El Niño ou Clanes elixiu a vila pasa a rodaxe da súa nova película. 

A realización deste proxecto audiovisual implicará a presenza dun equipo técnico e artístico no municipio durante varias xornadas de traballo, a partires do vindeiro mes de abril. Por este motivo, terán lugar cortes puntuais de tráfico, reservas de espazo ou o vaciado temporal de vehículos nalgunhas rúas, sempre por necesidades técnicas da rodaxe.  

Nas vindeiras semanas irase facilitando información máis detallada sobre as localizacións e datas concretas das gravacións, co obxectivo de minimizar as molestias e garantir o normal desenvolvemento da vida diaria no municipio. 

Vaca Films, fundada na Coruña en 2003, está considerada unha das produtoras audiovisuais máis destacadas do panorama español, responsable de coñecidos filmes e series distribuídos a nivel nacional e internacional. 

Desde o Concello agradécese “a colaboración e comprensión da cidadanía, destacando tamén a importancia deste tipo de iniciativas para a promoción do noso territorio e o impulso da actividade audiovisual”. 

Lea también

Neda acolle un obradoiro sobre estereotipos de xénero no CEIP San Isidro

O alumnado de terceiro e cuarto do CEIP San Isidro participou na mañá deste venres …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *