Deputación da Coruña e FGA reforzan a súa colaboración para impulsar as carreiras populares na provincia

Antonio Leira e Yolanda González asinan un convenio para a organización do Circuíto de Carreiras Populares e a proba «Os 10.000 Peregrinos».

O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e a secretaria da Federación Galega de Atletismo, Yolanda González, asinaron na sede da institución provincial un convenio de colaboración para a organización, regulación e control técnico das probas do Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña e da proba «Os 10.000 Peregrinos», que se disputa este domingo en Santiago de Compostela.

O acordo permitirá garantir o correcto desenvolvemento destas citas deportivas, que cada ano reúnen a milleiros de participantes en diferentes concellos da provincia, promovendo a práctica deportiva e a participación cidadá.

Antonio Leira destacou a importancia deste convenio para seguir consolidando un circuíto que leva o deporte a todos os recunchos da provincia e anima a persoas de todas as idades a participar. Pola súa banda, Yolanda González subliñou o papel da Federación Galega de Atletismo como garante do rigor técnico e organizativo das probas.

O convenio inclúe a coordinación e supervisión técnica das carreiras, a elaboración de regulamentos, o control das competicións e a xestión dos aspectos organizativos necesarios para o seu desenvolvemento.

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …