A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia pon o foco no Xeoparque Cabo Ortegal

Un grupo de guías de diferentes lugares de Galicia visitou esta semana o territorio para coñecer o seu atractivo turístico. A visita supón unha nova alianza estratéxica por parte do xeoparque, que continúa consolidándose como un destino turístico de alto valor, sempre enfocado no turismo responsable e activo.

Fuente geoparque cabo Ortegal/ Visita APIT Galicia

O Xeoparque Cabo Ortegal recibiu a visita da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia. O interese amosado polo grupo de profesionais do turismo pon de relevo a importancia deste territorio e o seu alto valor para o turismo sostible.

O xeólogo e director científico do xeoparque, Fran Canosa, foi o encargado da visita, que comezou na Casa da Cultura de Valdoviño, onde os participantes recibiron unha charla divulgativa sobre as peculiaridades do territorio a nivel patrimonial, cultural e xeolóxico.

Fuente geoparque cabo Ortegal/ Visita APIT Galicia

A saída abrangueu os concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño e Moeche, onde o grupo descubriu enclaves únicos do territorio como o litoral de Pantín, o miradoiro de Chao do Monte, a Vixía da Herbeira desde onde poden observarse os cantís máis altos da Europa continental, o emblemático faro de Cabo Ortegal, a praia de Fornos e o Castelo de Moeche, construído no s. XIV.

Fuente geoparque cabo Ortegal/ Visita APIT Galicia

A visita supón unha nova alianza estratéxica por parte do xeoparque, que continúa consolidándose como un destino turístico de alto valor, sempre enfocado no turismo responsable e activo.

Actuación promovida pola Deputación da Coruña no marco do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. Fondos NEXTGENERATIONEU

Lea también

A Deputación da Coruña entrega os Premios PEL 2026

Nubeiro Labs, Que pasa na Costa, Enzicas Bio, Frouma Atlantic Wood e Queizuar foron as …