O Club Kang logra 58 medallas no Campionato Galego de Kickboxing 2026

A entidade deportiva, con sedes en Fene e Betanzos, consegue o mellor medalleiro das comarcas de Ferrolterra e Betanzos na competición autonómica, acumulando un total de 16 medallas de ouro, 27 de prata e 15 de bronce.
 
Fuente Club Deportivo Kang
O Club Kang, asinou unha destacada actuación no Campionato Galego de Kickboxing 2026, no que os seus deportistas competiron principalmente nas modalidades de Light Contact e Kick Light, ademais de contar con algúns participantes en K1 Light.
 
Fuente Club Deportivo Kang
O equipo conseguiu un total de 58 medallas, repartidas en 16 de ouro, 27 de prata e 15 de bronce, un resultado que sitúa ao club como o mellor medalleiro das comarcas de Ferrolterra e Betanzos nesta edición do campionato autonómico.
 
 
Desde o club destacan non só os resultados deportivos acadados, senón tamén a actitude amosada por todos os seus competidores durante a competición. Os deportistas do Club Kang demostraron en todo momento un alto nivel de deportividade, respeto e compañeirismo, tanto cara aos seus rivais como cara a outros clubs, adestradores, árbitros e membros da organización.
 
Fuente Club Deportivo Kang

Lea también

Valdetires Ferrol, ante el reto de frenar la intensidad de Segosala

El Valdetires Ferrol afronta este viernes, a las 19:00 horas en el Pabellón de Esteiro …