Amplo programa de actividades na Festa das Pepitas de Ferrol

O acto institucional e as roldas polas rúas son algúns dos eventos destacados na axenda deste mércores.

Foto arquivo/ Ferrol Pepitas rondalla Bohemios teatro Jofre

Ferrol xa está preparada para vivir a festa das Pepitas 2026, unha das celebracións máis emblemáticas e singulares da cidade, que se desenvolve este mércores 18 de marzo cun completo programa de actividades.

A xornada dará comezo ás 16:45 horas no teatro Jofre co acto institucional de homenaxe ás madriñas e aos rondallistas de honra e que tamén conmemora a Irmandade co Concello de Mondoñedo. A partir das 18:00 horas, iniciaranse as roldas polo centro da cidade e, xa ás 19:00 horas, celebrarase o festival de rondallas na praza de Armas.

Un total de 12 rondallas daranse cita este ano na festividade das Pepitas, son rondallas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Os seus membros vestirán a indumentaria tradicional desta festa, significada pola capa, camisa e pantalón, lazo, gravata ou semellante, bufanda, fitas e escarapelas suxeitas á capa.

As rondallas interpretarán un pasarrúas, un valse e unha danza, que poderán ser obras inéditas ou recuperadas do antigo Cancioneiro das Pepitas e estas pezas irán acompañadas pola música de instrumentos como violíns, contrabaixos, acordeóns, frautas ou clarinetes, entre outros.

Lea también

Marcos Mella presentó su nuevo videoclip en el Casino Ferrolano

El cantautor Marcos Mella presentó este jueves 30 de abril a las 19:00 horas su …