AXF mantén un encontro de traballo coa asociación Euroeume

Esta semana tivo lugar unha reunión de traballo entre profesionais da Asociación Euroeume e representantes da AXF, co obxectivo de fortalecer a colaboración entre entidades e continuar impulsando iniciativas conxuntas en beneficio da comunidade xorda. No encontro participaron Beatriz, terapeuta ocupacional; Nerea, educadora social; e Lúa, técnica de igualdade da asociación Euroeume. Por parte da AXF asistiron Teresa Gallo, presidenta da entidade, e María López, monitora de Servizos á Comunidade.

 
Durante a reunión abordáronse diferentes propostas de colaboración orientadas a dar maior visibilidade ao traballo que realizan ambas as entidades, así como á organización de futuras actividades dirixidas á comunidade xorda e á cidadanía en xeral. 
 
Este encontro permitiu compartir experiencias, detectar necesidades comúns e reforzar o traballo en rede como ferramenta fundamental para promover a participación, a igualdade e o benestar social. 
 
Desde a AXF destacan a importancia deste tipo de espazos de coordinación entre profesionais e entidades do territorio, que permiten xerar sinerxias e poñer en marcha iniciativas que terán continuidade nos próximos meses. 
 
As actividades que se están comezando a planificar iranse dando a coñecer proximamente a través das canles habituais de comunicación da entidade, como as súas redes sociais.

Lea también

Más de 4.900 personas han participado en las primeras jornadas del ensayo clínico Combogal de vacunación combinada

En Ferrol, ha habido 536 participantes en el Hospital Arquitecto Marcide. Más de 4.900 personas …