A Deputación da Coruña concede case 650.000€ en axudas a 50 entidades e fundacións culturais

As contías concedidas oscilan entre os 5 000 e os 25 500 euros. A deputada de Cultura, Natividade González, afirma que con estas subvencións, o obxectivo provincial é «facilitar a programación de actividades culturais»

A Deputación da Coruña vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO215, destinado a fundacións, entidades titulares de museos, bibliotecas e organizacións de representación sectorial da cultura galega. Cun investimento total de 646 541,88 euros, a institución provincial garante o apoio a 50 entidades que desenvolven a súa actividade profesional ou amadora no ámbito cultural.

Nesta resolución, o importe máximo concedido ascende a 25 500 euros —recibido por entidades como a Fundación Rosalía de Castro ou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega—, mentres que a contía mínima se sitúa nos 5 000 euros.

A deputada de Cultura, Natividade González afirma que «este programa contribúe a reforzar o papel das fundacións,  museos, centros de interpretación,  bibliotecas e entidades culturais como espazos clave para a conservación, difusión e dinamización da cultura galega», e engade que «a través desta liña de axudas, a área de Cultura da Deputación continúa apoiando o traballo do tecido cultural, tanto profesional como amador, que desenvolve unha importante labor cultural e social no territorio».

Por último, González subliña que o obxectivo destas subvencións é «facilitar a programación de actividades culturais e fortalecer a rede de entidades que traballan pola promoción e difusión da cultura galega».

A partir da publicación no BOP ábrese un prazo de 10 días hábiles para que as entidades interesadas poidan presentar alegacións, comunicar a súa desistencia ou solicitar a reformulación do proxecto. Se non se presenta ningunha comunicación neste prazo, a subvención considerarase aceptada tacitamente.

Listaxe de entidades beneficiarias

A seguir detállanse as 50 entidades que aparecen na proposta de concesión provisional, divididas polas súas categorías:

Entidades representativas dos sectores profesionais e amadores:

Academia Galega de Teatro

Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGASOC)

Asociación Academia Galega do Audiovisual

Asociación Clúster do Audiovisual Galego

Asociación Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta)

Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Asociación de Medios en Galego

Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG)

Asociación Galega de Artesáns (AGA)

Asociación Galega de Editoras (AGE)

Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega)

Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)

Asociación Galega de Produutoras Independentes (AGAPI)

Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)

Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC)

DAG – Asociación Galega de Deseño

Emisoras Municipais Galegas

Federación Coral Galega (FECOGA)

Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP)

Federación Teatral Afeccionada de Galicia (FETEAGAL)

Fundación Carlos Casares

Unión Internacional de Marionetistas – Delegación Galicia (UNIMA)

Fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas:

Arzobispado de Santiago de Compostela

Asociación Patronato Museo Etnográfico da Capela

Centro Estudios Melidenses – Museo Terra de Melide

Federación de Libreiros de Galicia

Fundación 10 de Marzo

Fundación Araguaney – Puente de Culturas

Fundación Benéfico Docente Fernando Blanco

Fundación Biblioteca de la Casa Consulado

Fundación Castelao

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea (CIEC)

Fundación Compostela Arquitectura

Fundación Dardo – Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (DIDAC)

Fundación Eugenio Granell

Fundación Galiza Sempre

Fundación Luis Seoane

Fundación Luis Tilve

Fundación Manuel María de Estudos Galegos

Fundación Moncho Reboiras

Fundación Museo Artes Grabado Estampa Digital

Fundación Olga Gallego

Fundación Pazos Cuchillo de Pazos

Fundación Rede Innovación Arousa

Fundación Rogelio Groba

Fundación Rosalía de Castro

Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas

Museo Etnográfico Monte Caxado

Máis información no BOP n.º 47 do  11 de marzo do 2026.

Lea también

Pazo do Monte acogerá el 21 y 22 de marzo el III Artabrian Weekend de Ferrol

La tercera edición del Artabrian Weekend ya tiene fecha y lugar. El 21 y 22 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *