A Deputación da Coruña apoia con 0.5M€ a 28 entidades que desenvolven programas sociosanitarios

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia a resolución do programa de subvencións destinado ao mantemento de programas sociosanitarios desenvolvidos por entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia.

Cun investimento total de 499.965,49 €, a institución provincial apoia nesta convocatoria a un total de 28 asociacións e federacións que traballan en ámbitos como o dano cerebral, o cancro, as enfermidades raras ou os trastornos de conduta alimentaria.

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, salientou que estas axudas son «un pulmón financeiro imprescindible para que as entidades poidan manter servizos especializados de fisioterapia, psicoloxía e traballo social aos que osistema público non sempre chega»

Nesta edición, o importe máximo concedido sitúase en 40.000,00 € (recibido pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple e a Asociación de Dano Cerebral Sarela), mentres que o importe mínimo é de 1.394,54 €.

Listaxe de entidades beneficiarias

A continuación detállanse as 28 entidades que figuran na proposta de concesión provisional do programa FOCVAA:

ANHIDACORUÑA (Asociación de nenos con TDAH)

Asoc. Compostela Esclerose Múltiple, Parkinson, ELA e Enfermidades Raras

Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple

Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña

ASANOG (Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia)

SARELA (Asociación de Dano Cerebral Adquirido)

ALCER Coruña (Enfermidades do Riles)

Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial

Asociación Española Contra o Cancro

AFAFES (Asoc. Familiares Enfermos de Alzheimer Fisterra e Soneira)

ASPERGA (Asociación Galega de Asperger)

Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Sela)

Asociación Galega de Linfedema (AGL)

AGAL (Asociación Galega de Lupus)

Asociación Galega contra a Fibrose Quística

ASEM Galicia (Asoc. Galega contra as Enfermidades Neuromusculares)

Asoc. Galega de Afectados por Transplantes Medulares

Asociación Galega de Hemofilia

Asociación Galega de Transplantes Airiños

Asociación Parkinson Ferrol

Asociación Parkinson Galicia

Federación ALCER Galicia

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)

Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC)

Federación Galega de Asociación de Diabéticos

Fundación Andrea (Apoio a nenos con enfermidades de longa duración)

Fundación DEGEN

Lea también

O’Mega retoma su paro indefinido de médicos en primaria tras una primera semana con más de 26.000 consultas suspendidas

La huelga de médicos convocada por el sindicato O’Mega en atención primaria ha arrancado su …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *