O Concello de Neda programa o sábado 21 de marzo a andaina “Avanzando en igualdade”

Archivo. Andaina marzo 2024-Neda

O Concello de Neda organiza a vindeira semana unha nova edición da andaina “Avanzando en igualdade”, incluída na programación especial do Día internacional da muller. Desta volta, proponse unha ruta, con saída e meta en Albarón, que discorrera á beira do Belelle ata chegar ao Roxal, continuará en ascenso por Gandarela e Ardá e iniciará o descenso cara ao punto de partida por Alcallás e A Mourela.

A iniciativa terá lugar o sábado 21 de marzo, a partir das 10 horas, cun percorrido sinxelo para as persoas afeitas a camiñar, con saída da contorna do centro de saúde, cunha lonxitude total de 7,43 km, e un desnivel positivo (de subida) de 128 metros, parello ao de baixada.

A proposta está aberta a mozos/as de 14 anos en diante e persoas adultas. Dende esta tarde será posible inscribirse, chamando ao teléfono da biblioteca (981 390233), en horario de luns a veres de 9 a 13 e de 17 a 20 horas. As prazas son limitadas.

A andaina pola igualdade forma parte da oferta de actividades deseñada polo concello co gallo do 8M, un programa que conta co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Lea también

Nova edición da Universidade Sénior da UDC nas Pontes con máis de 80 participantes

Onte lúns celebrouse na Casa Dopeso de As Pontes a inauguración da oitava edición do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *