Máis de 700 deportistas de toda Galicia déronse cita o pasado sábado día 8 no Campionato Galego Promesas de Taekwondo 2026, unha competición orientada á promoción do deporte base e pensada especialmente para que os máis novos e os competidores con menor experiencia poidan ter os seus primeiros contactos co combate.

A xornada desenvolveuse nun ambiente deportivo e de convivencia entre escolas, no que a competición se combinou co compañeirismo e a aprendizaxe, converténdose nun día moi especial para os participantes e os seus clubs. Entre os equipos presentes estivo o Club Kang, que participou cun grupo de 15 deportistas. Desde o club valoran a experiencia como moi positiva, xa que permitiu aos seus alumnos continuar progresando, gañar confianza e sumar novos aprendizaxes sobre o tatami.

No apartado deportivo, o equipo logrou varios resultados destacados nas diferentes categorías: 4 Ouros, 3 Pratas e 3 Bronces.
Infantil: Gael Teijeiro (iniciación) e Lucas Tembrás (iniciación), este último medalla de prata.
Precadete: Inés Gómez (avanzados), ouro; Ángel O. Mbengue(avanzados) e Enzo Rodríguez (avanzados).
Cadete: Icía Feijoo (avanzados); Oliver Villar (iniciación), prata; Yago Espiñeira (iniciación); e os bronces de Thiago García, Nico Blanco e Claudia Martínez, todos na categoría de avanzados.
Junior: Linda G. Vélez (iniciación), ouro; Sara Paz (iniciación), prata; e Paula Seijas (avanzados), ouro.
Absoluto: Anne Varela (iniciación), ouro.

Desde o club tamén quixeron destacar o traballo da organización do Clube Sares TKD e da Federación Galega de Taekwondo, responsables de impulsar este tipo de eventos que fomentan a práctica deportiva entre os máis novos e contribúen ao crecemento do taekwondo en Galicia.
O Club Kang continúa así co seu proxecto formativo baseado na constancia e na superación persoal, fiel ao seu lema: “Cultura do esforzo”.

Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
