As lesións complican o retorno do Triatlón Ferrol á primeira división da liga nacional de dúatlon

Dous dos duatletas do club ferrolán foron baixa durante a fin de semana por lesión e enfermidade

Fuente Triatlón Ferrol

O equipo masculino do Triatlón Ferrol comezou como pechacancelas no seu retorno á primeira división da liga nacional de dúatlon. No campionato de España superesprinte por clubs, Corentin Lefer logrou entrar no top-25 da proba pero acabou lesionado correndo e tivo que ser baixa para as dúas xornadas que restaban.

Isto xa obrigaba a competir na proba de dúatlon 2×2 con 5 duatletas en lugar dos 6 cos que sería óptimo contar. Pero, na noite do sábado día 8 ao domingo, a Isma Viéitez subiulle a febre por unha úlcera e o equipo presentouse á proba pero tivo que abandonar na primeira posta.

Desta forma, o club departamental comeza a liga último entre os 15 mellores clubs de España.

Fuente Triatlón Ferrol

 

Lea también

A Deputación da Coruña concede máis de 206.000€ en 59 bolsas para apoiar aos mellores deportistas da provincia

O BOP publica a concesión de 59 bolsas de 3.500 euros para deportistas de modalidades …