Triatlón Ferrol, volve á primeira división da liga nacional de dúatlon

Disputa as tres primeiras xornadas esta fin de semana en La Nucía

Fuente Triatlon Ferrol/ Ascenso 2025

O equipo masculino do Triatlón Ferrol regresa á primeira división da liga nacional de dúatlon que se inicia esta fin de semana en La Nucía. Coa baixa de Iván Puentes, despois da retirada do pasado sábado no campionato de  España, encabezan o equipo duatletas como Isma Viéitez, que acaba de regresar de participar no mundial militar de cros e ser 68º.

Completan o equipo ferrolán o núcleo dos duatletas do ascenso do ano pasado: Hugo Prida, Hugo Goiriz, Corentin Lefer, Manuel Pozuelo e Daniel Esbrí, ademais de Mar Delgado e Estepanka Bisova.

As primeiras xornadas de liga serán os campionatos de España superesprinte por clubs, as remudas mixtas e o dúatlon 2×2.

Lea también

El Club Sincro Ferrol brilla en el Trofeo Concello de Oleiros con varios podios

El Club Sincro Ferrol firmó una destacada actuación el pasado sábado, 18 de abril, en …