A rondalla nedense Lucero del Alba presenta este sábado á súa madriña

Coa vista posta na próxima celebración da Noite das Pepitas, a Agrupación musical Lucero del Alba organiza este sábado, 7 de marzo, na Casa da Cultura de Neda a tradicional presentación da súa madriña. A cita na que se “investirá” oficialmente a Inés Domínguez Puentes arrincará ás 19 horas, e estará aberta ao conxunto da veciñanza. 

Inés Domínguez Puentes- Madrina Lucero del Alba 2026. Fuente.-Concello de Neda

Así, a cerimonia do cambio de madriña, coa colocación da banda e imposición da capa por parte da anterior homenaxeada, incluirá como sempre un pequeno concerto. No repertorio non faltarán, ademais das pezas coas que se rondou o pasado ano á madriña, Jezabel Santoro Bellón, a modo de despedida, a danza e o vals elixidos para dar á benvida á nova.

Con máis de 60 anos de traxectoria, a rondalla Lucero del Alba, que foi a primeira da comarca en contar con voces femininas, conta na actualidade cunha trintena de integrantes, entre voces e instrumentistas, e ten por diante o difícil reto da renovación xeracional.

A agrupación, presidida por Ángeles Díaz Castro e dirixida por Eduardo Mallen Candel, está previsto que participe neste 2026 nas celebracións das Pepitas tanto en Ferrol como en Mugardos, os días 18 e 28 de marzo, respectivamente.

Lea también

El CIM de Ortigueira incorpora el servicio de teletraducción de la Xunta para poder atender en 51 idiomas diferentes

Esta decisión se toma para atender de la mejor forma posible a mujeres que no …