A Deputación da Coruña e o CITIC achegan a intelixencia artificial xenerativa ao alumnado do IES de Fene

A deputada de Emprego da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, e o profesor da UDC Alejandro Romero inauguraron no IES de Fene unha das xornadas do programa formativo sobre intelixencia artificial xenerativa que a institución provincial está a desenvolver en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña.

Fuente Diputación de A Coruña

A iniciativa, que chegará a 20 institutos da provincia, está dirixida ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato e ten como obxectivo achegar competencias básicas en intelixencia artificial xenerativa, así como fomentar un uso ético, seguro e responsable destas ferramentas.

Durante a sesión, o alumnado participou en prácticas con ferramentas como ChatGPT, Gemini ou HuggingChat, aprendendo a formular instrucións (prompts) eficaces, a xerar textos e imaxes, a resumir información e a analizar contidos de maneira crítica. O programa combina explicacións teóricas cunha parte práctica en aula, permitindo comprender como funcionan estes sistemas e reflexionar sobre os seus límites, riscos e oportunidades.

Fuente Diputación de A Coruña

Rosa Ana García destacou que “a intelixencia artificial xa forma parte da realidade do mercado laboral e das profesións emerxentes, polo que é fundamental que a mocidade adquira competencias para utilizala con criterio e responsabilidade”. A deputada subliñou tamén que “desde a Deputación apostamos por anticiparnos aos cambios tecnolóxicos, ofrecendo formación que mellore a empregabilidade e a capacidade de adaptación do noso alumnado”.

Cada centro participante contará con dúas sesións formativas de dúas horas, deseñadas para ofrecer unha aproximación rigorosa pero accesible a unha das tecnoloxías que está a transformar de maneira máis acelerada a sociedade actual.

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …