ADIF instala cámaras na estación de tren de Pontedeume a petición do Concello

Despois disto comezarán os trámites para contratar a mellora, a limpeza e a eliminación de grafitis 

O Concello de Pontedeume informa que ADIF instalou na Estación de Ferrocarril as cámaras de vixilancia para evitar o vandalismo. 

Isto xurdiu da petición realizada polo Concello logo de que as instalacións sufrisen diversos actos vandálicos. Presenta ademais numerosos grafitis e un deterioro xeral notable. 

Tras isto, procederán a iniciar os trámites para contratar os traballos de mellora, limpeza e eliminación de grafitis no apeadoiro. 

Este proceso comezou cando o alcalde Bernardo Fernández Piñeiro e a deputada Montse García Chavarría se reuniron  co secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, para trasladarlle esta e outras necesidades da Estación de Pontedeume. 

O rexedor agradeceu «o compromiso e colaboración de ADIF co Concello de Pontedeume para solucionar e previr este tipo de problemáticas”, e insitiu na necesidade de “mellorar a línea de tren que comunica Ferrol coa Coruña, modernizando unha infraestrutura que na actualidade non dá resposta ás necesidades de comunicación da bisbarra”.

Lea también

Fene reabre a súa Oficina de Información Turística

Facilitarase información sobre o Camiño Inglés e a extensa axenda cultural e festiva do verán …