Narón convoca a XXXV edición do Certame Intercentros con 8.000 euros en premios

O Concello de Narón vén de convocar a XXXV edición do Certame Intercentros Concello de Narón 2026, unha iniciativa dirixida aos centros educativos públicos do municipio co obxectivo de celebrar o Día das Letras Galegas e promover o uso e a dinamización da lingua galega entre a comunidade escolar.

Intercentros 2025 naron

A convocatoria, aprobada por Resolución da Alcaldía con data de 20 de febreiro de 2026 e publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña este 3 de marzo, establece un orzamento máximo de 8.000 euros destinado aos premios das diferentes categorías.

Poderán participar na convocatoria os centros públicos de Narón nos niveis de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, nas modalidades e categorías recollidas nas bases reguladoras. A participación poderá realizarse de maneira colectiva, por aula ou individual. Este ano a coordinación correrá a cargo do IES As Telleiras.

O certame abrangue distintos ámbitos creativos, como a poesía, a expresión oral, a canción en galego, o cómic ou o audiovisual, entre outros. A través desta proposta, o Concello busca fomentar a creatividade do alumnado e facilitar ferramentas que apoien o labor docente, contribuíndo tamén a financiar parte da elaboración dos materiais necesarios para o desenvolvemento dos proxectos.

Os premios consistirán en bonos en especie que deberán ser trocados en establecementos do termo municipal de Narón, seleccionados polos propios centros educativos co visto e prace do Concello, co que se promove tamén o apoio ao comercio local.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo luns 10 de marzo. As bases reguladoras poden consultarse en: https://bit.ly/4b08i4j

Lea también

Geno Carballeira elixido como o candidato do BNG á alcaldía de Narón

O BNG de Narón presentou este sábado na asemblea local o seu relevo natural no …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *