Ampliado o prazo para participar no Concurso de Debuxo da Festa do Marisco de Ferrol

O deseño gañador se reflexará na camiseta conmemorativa do evento, que se venderá coincidindo coa Semana Santa de Ferrol. No concurso poden participar escolares de Ferrolterra, de 3 a 18 anos de idade.

A Confraría de Pescadores de Ferrol ven de ampliar o prazo para participar no I Concurso de Debuxo da IV Festa do Marisco, dirixido a escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos (ambos incluidos).

O concurso consistirá en deseñar a nova camiseta deste evento, que estará á venda os días nos que se celebra a Festa (do 27 de marzo ó 5 de abril de 2026). Os beneficios obtidos serán destinados á Cofradía da Soledad, que porta as imaxes do Cristo dos Navegantes e da Virxe do Socorro, ambas veneradas polas xentes do mar.

Os nen@s interesados en participar teñen de prazo ata o venres 6 de marzo ás 13:30 horas para presentar os seus deseños, que deberán estar relacionados co traballo do sector mariñeiro, reflictindo o esforzo, orgullo e satisfacción das súas xentes. Só se poderá presentar un único deseño da camiseta. A entrega dos debuxos realizarase nas oficinas da Confraría de Pescadores de Ferrol (situada no Porto de Ferrol, xunto á Lonxa) de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Para participar haberá que entrar no enlace https://drive.google.com/drive/folders/12bZrMCCKhaSVQYsOJ9ZYXlq8W9b_EoNf visible nas redes sociais da Confraría (Facebook e Instagram), e descargar a plantilla sobre a que se realizará o debuxo.

Haberá un único gañador, cuxo premio será ver plasmado o seu deseño na camiseta conmemorativa da IV Festa do Marisco, ademáis doutros grandes premios aínda sen desvelar.

Un xurado composto por 5 membros da Comisión de Festas da IV Festa do Marisco valorará especialmente a orixinalidade e creatividade da proposta, ademáis da súa relación coa temática sinalada anteriormente.

Lea también

Valdoviño pecha a programación das Letras Galegas co espectáculo “Vitaminas B e C: Begoña Caamaño”

A función do prestixioso ilusionista terá lugar o domingo ás 18:00 horas no auditorio, con …