Reanúdanse nas Pontes as obras na avenida de Galicia

As obras da cuarta fase do proxecto de renovación de pavimentos e servizos na avenida de Galicia reanudáronse onte tras a paralización durante os últimos meses motivada polas condicións climatolóxicas adversas, especialmente polas intensas choivas rexistradas desde decembro de 2025.

O proxecto, financiado integramente pola Deputación da Coruña a través do POS (Plan de Obras e Servizos) cun orzamento de 277.173 euros, permitirá completar a transformación integral da principal vía do municipio, consolidando a rehabilitación, humanización e mellora da accesibilidade iniciadas nas fases anteriores, incluída a renovación da Praza do Hospital.

Durante os traballos levados a cabo elimináronse desniveis entre a calzada e as beirarrúas, mellorouse a iluminación pública coa instalación de novos farois e captafaros LED nos pasos de peóns, separouse a rede de drenaxe de augas pluviais da rede de saneamento, renovouse o firme e as beirarrúas con materiais estéticos e funcionais, e substituíronse as varandas por outras de aceiro inoxidable.

Na zona de rodadura e aparcamentos aplicarase formigón bituminoso, e nestes días executarase a impresión do aglomerado con acabado decorativo. A intervención completarase coa finalización de parte da balaustrada, a instalación de papeleiras, bancos, xardineiras,
 alcorques para árbores e a reposición da sinalización vertical e horizontal.

O Concello asegura que o proxecto culminará nunha avenida de Galicia máis accesible, segura e moderna, e pide desculpas polas molestias ocasionadas aos residentes, comerciantes e veciños durante este período, agradecendo a súa comprensión e paciencia.

Lea también

Un robo en la caseta de socorrismo de Vilarrube, Valdoviño, deja sin servicio la jornada en la playa

El Ayuntamiento de Valdoviño informaba en la mañana de este sábado, día 11 de julio, …