Arredor de 120 veciños en Neda degustaron o tradicional cocido interxeracional do Entroido

Neda despedía o carnaval do 2026 co tradicional cocido interxeracional do entroido. O prato por excelencia destas datas foi protagonista desta cita gastronómica, que reuniu no pavillón municipal Ale de Paz ao redor de 120 veciños.

O menú servido incluíu ademais a imprescindible sopa coa que quecer o corpo e, como non, un doce ben típico destas celebracións como as orellas.

Na cita, organizada polo concello, houbo animación musical, antes e despois do xantar, con Almudena Meijomil, e un gran sorteo final de cestas de carnaval.

Lea también

El ferrolano Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía 2026

El fotógrafo gallego Vari Caramés ha sido galardonado con el Premio Nacional de Fotografía 2026, …