O Auditorio Cine Alovi das Pontes acolle a estrea absoluta de MONTE – Versión Estendida

O vindeiro 28 de febreiro, ás 20:00 horas, o Auditorio Cine Alovi acolle a estrea absoluta de MONTE – Versión Estendida, o novo espectáculo da compañía Laboratorio Escénico S. Coop. Galega, subvencionado polas Axudas á Creación Escénica de AGADIC 2025 da Xunta de Galicia.

MONTE – VERSIÓN ESTENDIDA Raquel Castro

Trátase dunha proposta de danza contemporánea e música en directo dirixida pola coreógrafa cubana afincada en Alemaña Maura Morales, que reúne sobre o escenario tres bailarinas e cinco músicos e músicas nunha experiencia artística de grande intensidade estética e emocional.

MONTE – Versión Estendida nace das historias de mulleres e das fronteiras atravesadas co corpo como única equipaxe. Mulleres que deixaron atrás a terra coñecida e aprenderon a habitar outras novas, transformándose no tránsito entre culturas. O monte convértese así nun espazo de segredos, refuxio da memoria e territorio simbólico onde se entrecruzan o visible e o oculto, o espiritual e o popular.

A través do movemento e da música en directo, o corpo preséntase como arquivo vivo dunha identidade híbrida, revelando como as protagonistas se reinventan cando as fronteiras se dilúen e o sentimento de pertenza se reescribe constantemente.

A dirección e coreografía son de Maura Morales, a idea orixinal é de Alba Fernández e a composición e dirección musical corren a cargo de Iván Doval. Sobre o escenario estarán as bailarinas Ana Beatriz Pérez, Estefanía Gómez e Alba Fernández, xunto ás músicas e músicos Diana Tarín, Amaury Quintero, Alfredo Álvarez, Pablo Hernández e Octavio Vargas.

O equipo complétase coa iluminación de Afonso Castro, a escenografía das pontesas de Carolina Díguele e Isabel O’Connor (Vara 3) e o vestiario de Carolina Díguele e nunha produción e distribución de Laboratorio Escénico S. Coop. Galega.

As entradas xa están dispoñibles en https://aspontes.sacatuentrada.es e o seu prezo é de cinco euros

Lea también

As Pontes emite un bando municipal respeto dunha proba das sirenas da Presa da Ribeira

Valentín González Formoso, alcalde do Concello de As Pontes, ao abeiro do disposto no artigo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *