A Deputación e o Concello de Pontedeume crean unha Biblioteca Rural en Nogueirosa

A Deputación da Coruña apoia a creación dunha Biblioteca Rural no local social da Asociación de Veciños de Nogueirosa a través dunha subvención de 2.306,65 euros, destinada a mellorar o acceso á lectura e aos recursos dixitais da veciñanza.

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, visitaron as instalacións acompañada polo alcalde de Pontedeume e deputado provincial, Bernardo Fernández, e polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Joshua Dopico. Durante a visita, destacaron o papel das bibliotecas rurais como espazos clave para a convivencia, a aprendizaxe e o fomento de lectura.

Ademáis de apoiar dotación de mobiliario específico para a biblioteca, como mesas ou estanterías, a axuda provincial permitiu adquirir equipamento informático .

Cristina Capelán subliñou que “garantir o acceso á cultura e á tecnoloxía no rural é fundamental para asegurar a igualdade de oportunidades entre o rural e o urbano”, e destacou que este tipo de proxectos “converten os locais sociais en puntos de encontro abertos á cultura que tamén sirven como punto de encontro da veciñanza”.

A nova Biblioteca Rural permitirá ordenar e ampliar o fondo bibliográfico existente, facilitar o préstamo de libros e incorporar recursos tecnolóxicos para a realización de actividades formativas e accións de alfabetización dixital, especialmente entre as persoas maiores, reforzando o papel do local social como espazo comunitario de referencia.

Lea también

Cambios en Neda en el arranque del Carnaval

El Ayuntamiento de Neda informa de cambios en la programación de este primer día de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *