Distincións no festival de comparsas de Neda para “A Canteira”, “Xoaniñas de Chao” e “Os argalleiros”

A chuvia augou o desfile de comparsas en Neda, pero non foi quen de acabar coas ganas de troula. As nove comparsas e o grupo que participaron no tradicional festival de comparsas converteron este venres noite a pista do polideportivo municipal Ale de Paz nunha festa chea de cor, na que non faltaron nin os disfraces, nin os bailes, nin as letras máis ou menos mordaces coa política local e comarcal.

A Canteira- posta en escena

O fallo do xurado, integrado por representantes dos distintos grupos da corporación municipal- a concelleira do goberno local, Margarita Díaz; a voceira do BNG, Cristina Bouza; o edil do PP Jonathan Fernández; e a voceira de Moveneda, Neiva Tristao- facíase público preto da medianoite, tras o baile, animado polo Dúo Estrellas.

Xoaniñas de Chao- orixinalidade e vestimenta

O diploma á orixinalidade e vestimenta correspondeulle desta volta a “As Xoaniñas de Chao” (Narón). A distinción pola posta en escena foi para “A Canteira” (Neda) e “Os argalleiros” (Narón) impuxéronse na categoría de crítica da realidade local e comarcal.

Ao non haber desfile o xurado decidiu non entregar o diploma na modalidade de animación na rúa. No que atinxe ao concurso de disfraces, houbo finalmente premios (cestas de carnaval) nas categorías individual e por parellas.

Os argalleiros- crítica local comarcal

A programación especial do entroido trae esta tarde, a partir das 17:30 horas, ao polideportivo municipal Ale de Paz unha nova cita, o Tardeo Remember solidario. Trátase dunha festa con dj pinchando música dos anos 80, 90 e 2000, destinada a recadar fondos para a delegación en Ferrol de AECC. O disfrace é opcional. E o martes, festivo local, chegará a quenda da festa infantil de entroido e a posterior queima do Meco.

Lea también

As comparsas protagonizan en Neda o arranque oficial do Entroido

Conta atrás activada para o arranque das celebracións do carnaval en Neda. As comparsas, que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *