Licitadas por 208.000 euros as novas obras de acondicionamento na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ferrol

Trátase de traballos nun local actualmente baleiro, que se suman á remodelación levada a cabo no edificio por importe de 680.000 euros.

Archivo.- Edificio que alberga a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol.

A Plataforma de contratos públicos de Galicia publicaba esta semana a licitación por un importe de máis de 208.000 euros das obras dirixidas á reforma e ao acondicionamento dun local, actualmente baleiro, que forma parte das oficinas situadas na entreplanta do edificio contiguo ao andar primeiro da sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, ao que se anexionou nunha actuación anterior. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 9 de marzo ás 14.00 horas.

Estes traballos teñen un prazo previsto de execución de nove meses e permitirán conectar o local coa entreplanta, integrándose no distribuidor que percorre toda a superficie desde a conexión co edificio administrativo e que dá acceso aos despachos, zonas de traballo e servizos. A actuación aproveitará o distribuidor principal actual como acceso aos novos despachos, previstos para unha ducia de traballadores, que ocuparán o espazo do local actualmente sen uso. Ademais, habilitarase como despacho a sala de reunións situada xunto ás escaleiras de emerxencia.

Deste xeito, executaranse as instalacións necesarias en materia de electricidade, telecomunicacións, iluminación, climatización, ventilación e protección contra incendios para garantir o correcto desenvolvemento da actividade e o cumprimento da normativa vixente.

Os traballos que se realizarán agora completan a remodelación integral acometida nas dependencias do goberno autonómico en Ferrol, que permitiu a redistribución de espazos nos andares primeiro e sétimo do edificio e contou cun orzamento de máis de 680.000 euros. A sétima planta alberga a sede da Delegación Territorial da Xunta na cidade ferrolá, ao tempo que se trasladaban á nova superficie ampliada da primeira planta os organismos alí situados. Nesta planta é onde se anexan os espazos correspondentes aos locais da entreplanta da nova estrutura cunha conexión entre ambos os edificios. Na zona anexionada instaláronse os servizos do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

Ás actuacións relacionadas coa ampliación de espazos, tanto as executadas como as previstas, súmanse outras obras de mellora de eficiencia enerxética xa realizadas cun investimento de 826.000 euros, que posibilitan un aforro tanto económico como enerxético, ao reducir evitar a emisión anual de dióxido de carbono.

Con estes investimentos, que superan os 1,7 millóns de euros, o Goberno galego continúa reforzando o seu compromiso coa modernización das infraestruturas destinadas a servizos públicos para mellorar a atención á cidadanía e o confort do persoal.

Lea también

El actor Javier Gutiérrez galardonado con la «Faba de plata» de «los asturianos en Ferrol»

La Asociación Asturiana de Ferrolterra–Peña Les Fabes celebrará el próximo 21 de febrero, a las …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *