Taller de gravado en Valdoviño

Con todas as prazas cubertas, a Casa da Cultura de Valdoviño acollía este sábado un taller de gravado programado no marco da exposición do XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica 2024, mostra da Deputación da Coruña que pode visitarse en Valdoviño ata o día 20 de luns a venres de 10 a 14 horas (agás festivos).

Nenos/as e maiores compartiron espazo de creación baixo a dirección de Pedro Galilea, director da Fundación do Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CEIC), entidade que organizaba o obradoiro, e o artista colaborador Pablo Naire.

Lea también

El físico Jorge Mira fala na Casa da Cultura de San Sadurniño sobre a eclipse do 12 de agosto

O Concello regalará lentes homologadas para observar o fenómeno. Estarán dispoñibles na Casa da Cultura …