A Deputación apoia o marisqueo na ría de Cariño impulsando a recuperación produtiva de ameixa

A Deputación da Coruña colabora coa Asociación de Mariscadoras de Cariño na adquisisicón de preto de 300.000 unidades de ameixa xaponesa destinados á rexeneración dos bancos marisqueiros da ría. Esta colaboración supuxo un investimento de 6.000 euros.

Fuente Diputación de A Coruña/ Mariscadoras Cariño

As sementes, máis de 210 kg, corresponden á especie Ruditapes philippinarum, coñecida como ameixa xaponesa, considerada a máis axeitada para este tipo de actuacións pola súa capacidade de adaptación e bo rendemento produtivo. A talla media dos exemplares sitúase entre os 15 e os 18 milímetros, dimensión óptima para garantir unha maior taxa de supervivencia e un correcto desenvolvemento nos bancos marisqueiros en réxime de concesión que xestiona a asociación na zona de Altos de Caleira.

Esta actuación ten como obxectivo principal impulsar a recuperación produtiva dos bancos, contribuíndo de maneira directa á sustentabilidade do recurso e á estabilidade económica das profesionais do mar que traballan na zona. Normalmente, as sementes tardan entre un e dous anos en alcanzar a talla comercial para a súa venda.

Fuente Diputación de A Coruña/ Mariscadoras Cariño

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, salientou que “o marisqueo é unha actividade esencial para moitas familias da nosa costa e unha peza clave na economía da provincia. Con accións como a que facemos hoxe en Cariño contribuímos directamente coas mariscadoras á rexeneración dos bancos, afectados polos incendios, as condicións climatolóxicas adversas e as fortes choivas, tratando de apostar polo futuro dun sector que supón un sustento económico para moitas familias”.

Capelán puxo en valor o papel das mulleres do mar e destacou que “as mariscadoras realizan un labor fundamental para manter vivo o noso litoral, combinando tradición e sustentabilidade. Desde a Deputación queremos apoiar ese esforzo, facilitando recursos que melloren a rendibilidade do marisqueo e aseguren a continuidade dunha actividade que forma parte da identidade dos concellos costeiros”.

Grazas a esta contribución, a Asociación de Mariscadoras de Cariño contará co produto necesario para desenvolver as labores de semente previstas e avanzar na recuperación dos seus bancos marisqueiros, reforzando a súa viabilidade e rendibilidade a medio e longo prazo.

Lea también

Los trabajadores de Navantia contarán con el apoyo unánime del Concello de Ferrol para la negociación de su Plan Industrial

El nuevo Plan Industrial para Navantia en sus astilleros de la ría de Ferrol en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *