A Deputación da Coruña impulsa a dinamización do rural cunha liña de 225.000€ en axudas

A presentación de solicitudes está aberta ata o luns, 16 de febreiro, a través da sede electrónica da Deputación. Poden beneficiarse entidades localizadas en concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. As actuacións subvencionables deberán estar centradas na celebración de actividades que fomenten a participación social, espccialmente no rural.

Fuente Diputación de A Coruña Capelan mulleres rurais Xungueira Cerceda

A Deputación da Coruña mantén aberto o prazo de solicitudes do programa de subvencións dirixido a asociacións de veciños de concellos de menos de 50.000 habitantes e asociacións de mulleres da provincia para a realización de actividades de promoción económica ao longo do ano 2026. A iniciativa conta cun orzamento total de 225.000 euros e enmárcase na aposta do goberno provincial por fortalecer o tecido asociativo e impulsar accións que contribúan á dinamización social e económica do territorio, especialmente no ámbito rural.

O programa ten como finalidade apoiar proxectos que fomenten a participación cidadá, a cohesión social, a integración e a mellora da calidade de vida, así como iniciativas orientadas á loita contra o despoboamento e á activación económica das contornas locais. Poderán beneficiarse entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña, ou que desenvolvan nela as actividades subvencionadas, concretamente asociacións veciñais de concellos de menos de 50.000 habitantes e asociacións de mulleres.

As actuacións subvencionables deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026 e estarán centradas na organización de programas participativos, actividades formativas, accións de empoderamento e emprendemento, iniciativas de envellecemento activo e saudable, así como proxectos de acompañamento a mulleres en situación de vulnerabilidade ou de loita contra a soidade non desexada. O obxectivo é reforzar o papel das entidades sociais como axentes clave na dinamización económica e comunitaria, especialmente no medio rural.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 16 de febreiro, e toda a tramitación deberá realizarse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación da Coruña.

A deputada de Medio Rural, Cristina Capelán, destacou que “este programa busca apoiar o traballo diario das asociacións, que son auténticos motores de dinamización social e económica nos nosos concellos, especialmente nos máis pequenos”. Capelán subliñou que “desde a Deputación queremos reforzar o compromiso co rural, apoiando iniciativas que fixen poboación, xeren oportunidades e impulsen a participación activa da veciñanza e das mulleres na vida económica e social da provincia”.

Lea también

Renfe habilita buses entre Santiago y Vilagarcía por una corte en la línea férrea convencional

Las malas condiciones meteorológicas mantienen cortado el tramo de vía férrea convencional entre Santiago y …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *