A Deputación da Coruña financia 378.000 horas de SAF nos concellos cun investimento de preto de 9M

A Deputación da Coruña reforza a rede pública de atención social nos concellos máis pequenos da provincia a través do Programa de Servizos Sociais Comunitarios, que este ano financiará 377.991 horas de servizo de axuda no fogar (SAF) e permitirá contratar a 177 profesionais do eido social nos municipios de menos de 20.000 habitantes.

SAF MARIÑAN Fuente Diputación de A Coruña

A través deste programa, no que a Deputación inviste 8.855.329 euros, a institución provincial contribúe de maneira decisiva ao sostemento dun servizo esencial para a calidade de vida das persoas maiores, dependentes ou en situación de vulnerabilidade, facilitando que poidan continuar vivindo no seu fogar e no seu contorno habitual, ao tempo que se apoia a conciliación das familias.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, subliñou que este esforzo económico “responde á necesidade de apoiar aos concellos na prestación dos servizos sociais, cada vez máis demandados debido ao progresivo envellecemento da poboación, especialmente no rural”. Neste sentido, lembrou que o SAF é un servizo básico para garantir a igualdade de dereitos da cidadanía, “viva onde viva”.

Apoio directo aos concellos e creación de emprego social

Ademais do financiamento das horas de axuda no fogar, o programa permite aos concellos contratar durante un ano a 177 profesionais do ámbito social, entre persoal administrativo e técnico, reforzando así os equipos municipais que atenden diariamente a persoas e familias en situación de especial necesidade.

A Deputación financia o 100 % do custo salarial do persoal contratado, cunhas contías de referencia de 18.000 euros anuais para persoal administrativo22.000 euros para persoal técnico A2 e 26.000 euros para persoal técnico A1, con posibilidade de contratación a xornada completa ou parcial segundo as necesidades de cada concello.

Este apoio contribúe tamén á creación de emprego cualificado e estable no ámbito dos servizos sociais, fortalecendo a capacidade de resposta das administracións locais.

Un programa con equilibrio territorial

O investimento distribúese por todas as comarcas da provincia, garantindo unha atención equilibrada e adaptada ás distintas realidades territoriais. En 2026, o programa permitirá financiar máis de 64.000 horas na comarca da Coruña- Betanzos39.000 no Barbanzacase 83.000 en Bergantiños–Costa da Mortemáis de 111.000 en Ferrolterra, Eume e Ortegal e preto de 80.500 horas na comarca de Santiago, ademais da contratación de profesionais en todos estes ámbitos xeográficos.

Formoso destacou que “este programa asegura que os concellos, independentemente do seu tamaño, poidan prestar servizos sociais profesionais e de calidade”, reforzando a cohesión territorial e a igualdade de oportunidades.

O social, prioridade estratéxica da Deputación

O financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios forma parte da aposta estratéxica da Deputación da Coruña polo benestar social, unha das áreas prioritarias da acción de goberno. Xunto ao SAF, o servizo de Teleasistencia, que xa conta con máis de 4.300 usuarios, ou o apoio económico que presta cada ano a 240 entidades sociais para desenvolver o seu labor, a institución provincial impulsa tamén novos recursos e modelos de atención adaptados aos retos demográficos actuais.

Neste contexto, a Deputación está a promover un novo modelo de residencias públicas para persoas maiores, as Casas de Acompañamento ás Persoas Maiores, baseadas na proximidade, na atención personalizada, na convivencia e na integración co entorno. Este modelo aposta por centros de pequeno tamaño, pensados para ofrecer unha atención máis humana e próxima, especialmente no medio rural. Un modelo inspirado no que se está implantado nos países nórdicos, alonxado do concepto de institucións pechadas, similares a un hospital, e máis próximo a un fogar de convivencia.

As primeiras Casas de Acompañamento impulsadas pola Deputación terán a súa sede en As Pontes, Rianxo e Ordes, e constituirán proxectos piloto dun novo enfoque público dos coidados, complementario ao servizo de axuda no fogar e orientado a garantir unha vellez digna, activa e acompañada.

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS 2026

PERSOAL CONTRATADO EN SERVIZOS SOCIAIS

HORAS DE SAF

INVESTIMENTO

       

COMARCA DA CORUÑA

Abegondo

3

6.500,00

157.000,00

Aranga

2

5.000,00

110.000,00

Bergondo

2

6.000,00

124.000,00

Betanzos

4

4.108,00

141.512,00

Carral

3

7.000,00

156.000,00

Coirós

2

2.000,00

68.000,00

Curtis

2

2.400,00

73.600,00

Irixoa

2

2.300,00

72.200,00

Mesía

2

2.600,00

76.400,00

Miño

3

1.416,00

77.424,00

Oza-Cesuras

2

5.300,00

110.200,00

Paderne

2

1.500,00

61.000,00

Sada

4

10.256,00

227.584,00

Sobrado

3

5.000,00

121.000,00

Vilasantar

2

2.768,00

78.752,00

Total comarca

38

64.148,00

1.654.672,00

       

COMARCA DO BARBANZA

Boiro

2

4.000,00

96.000,00

Carnota

2

3.000,00

82.000,00

Lousame

2

3.500,00

78.000,00

Mazaricos

1

5.000,00

92.000,00

Muros

2

2.873,00

80.222,00

Noia

3

6.161,50

148.261,00

Outes

1

5.000,00

92.000,00

A Pobra do Caramiñal

2

2.000,00

72.000,00

Porto do Son

2

3.600,00

94.400,00

Rianxo

2

4.000,00

96.000,00

Total comarca

19

39.134,50

930.883,00

       

COMARCA DE CARBALLO

Cabana de Bergantiños

2

7.000,00

138.000,00

Camariñas

3

3.000,00

112.000,00

Cee

2

2.400,00

73.320,00

Cerceda

2

9.000,00

166.000,00

Corcubión

2

1.350,00

52.600,00

Coristanco

3

6.778,00

160.892,00

Dumbría

2

4.000,00

96.000,00

Fisterra

2

1.800,00

68.264,00

A Laracha

4

7.500,00

185.000,00

Laxe

2

3.200,00

84.800,00

Malpica de Bertantiños

2

12.796,00

219.144,00

Muxía

2

2.800,00

79.200,00

Ponteceso

2

2.359,00

77.026,00

Vimianzo

5

10.000,00

246.000,00

Zas

2

9.000,00

166.000,00

Total comarca

37

82.983,00

1.924.246,00

       

COMARCA DE FERROL

Ares

2

15.000,00

250.000,00

Cabanas

2

6.054,75

124.766,50

A Capela

1

2.500,00

53.000,00

Cariño

1

7.646,00

125.044,00

Cedeira

2

2.000,00

68.000,00

Cerdido

1

4.000,00

74.000,00

Fene

4

6.500,00

171.000,00

Mañón

1

7.800,00

127.200,00

Moeche

1

2.500,00

53.000,00

Monfero

0

5.500,00

77.000,00

Mugardos

2

6.842,40

139.793,60

Neda

2

12.000,00

197.000,00

Ortigueira

3

6.000,00

150.000,00

Pontedeume

3

6.200,00

152.800,00

As Pontes de García Rodríguez

2

10.300,00

188.200,00

San Sadurniño

2

1.000,00

54.000,00

As Somozas

1

1.750,00

42.500,00

Valdoviño

2

3.600,00

90.400,00

Vilarmaior

1

4.030,00

78.420,00

Total comarca

33

111.223,15

2.216.124,10

       

COMARCA DE SANTIAGO

Arzúa

2

2.000,00

59.000,00

A Baña

2

2.320,00

72.480,00

Boimorto

2

4.000,00

96.000,00

Boqueixón

2

1.300,00

55.267,40

Brión

2

1.000,00

58.000,00

Dodro

2

4.300,00

100.200,00

Frades

1

2.500,00

53.000,00

Melide

2

7.643,00

147.002,00

Negreira

3

2.500,00

102.300,00

Ordes

4

7.500,00

185.000,00

Oroso

2

8.718,00

162.052,00

Padrón

4

5.522,40

157.313,60

O Pino

1

2.928,00

66.992,00

Rois

2

1.500,00

65.000,00

Santa Comba

3

3.000,00

108.000,00

Santiso

1

3.000,00

64.000,00

Teo

3

4.680,00

123.520,00

Toques

1

1.800,00

36.200,00

Tordoia

3

1.600,00

80.400,00

Touro

2

2.100,00

69.400,00

Trazo

2

2.600,00

76.400,00

Val do Dubra

2

2.800,00

79.200,00

Vedra

2

5.191,21

112.676,94

Total comarca

50

80.502,61

2.129.403,94

       

TOTAL

177

377.991,26

8.855.329,04

 

Lea también

David Lago, do IES Pedro Floriani de Redondela, e Nicolás Freiría, do IES Ribeira de Louro do Porriño, gañan a Olimpíada Informática Galega 2026

Representarán a Galicia na Olimpíada Nacional que se celebrará na Escola de Enxeñaría Informática da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *