O proceso dos Orzamentos Participativos do Concello de Cedeira entra en fase de presentación de proxectos

Alumnado, profesorado e persoal do IES Punta Candieira decidirán este ano o destino dos 20.000€ do presuposto municipal reservados a este programa.

O proceso dos sextos Orzamentos Participativos do Concello de Cedeira avanza no IES Punta Candieira, onde este ano tanto alumnado como profesorado e persoal están implicados no seu desenvolvemento. Van decidir a que se destinan 20.000€ do presuposto municipal e o prazo para presentar propostas está aberto ata o día 6 de marzo.

Ainda que a votación está aberta a todo o centro, o curso de 4º da ESO é o encargado de dinamizar o proceso. Os rapaces deste nivel veñen de rematar a fase de formación, na que recibieron en diferentes sesións información sobre o funcionamento da administración municipal e outras cuestións útiles para construír e presentar proxectos válidos, e comezan agora a impartir unha serie de microcharlas nas aulas para informar sobre como canalizar as propostas.

Ata o 6 de marzo poderán cumprimentarse e entregar formularois na Xefatura de Estudos do centro.

As propostas encadraranse nas áreas de Medio ambiente e sostibilidade, Saúde e benestar e Patrimonio cultural e memoria democrática. Está previsto que, dado o volume de persoas que participan este ano no proceso, o día 13 de marzo se leve a cabo unha sesión de ordenación e clasificación das propostas, cos delegados/as de aula e profesorado.

Con isto dáselle transparencia ás propostas presentadas, aínda que será preciso clasificar e refundir aqueles proxectos similares co ánimo de facilitar ao Concello a análise de viabilidade. A finais de marzo entregaranse as propostas ao persoal técnico do Concello, que se ocupará de comprobar que as propostas son factibles técnica, xurídica e economicamente.

A asemblea de defensa das propostas será o 21 de maio na Biblioteca do instituto, unha sesión para que as persoas que o desexen presenten a súa idea -será gravada e estará dispoñible no espazo web do IES destinado aos Orzamentos Participativos. Despois habilitarase unha urna e abrirase un prazo de votación para decidir qué proxecto ou proxectos acadan o maior apoio e chegan, por tanto, ao pleno da corporación municipal.

O proceso de Orzamentos Participativos de Cedeira é unha iniciativa única en Galicia, e referente a nivel estatal, pola implicación da mocidade.

Lea también

Ortigueira inicia la negociación de una nueva RPT

El Gobierno local de Ortigueira inicia este lunes 16 de marzo, la negociación con los …