Neda programa o martes de carnaval a festa de entroido infantil e a tradicional queima do meco

Os nenos volverán ser os grandes protagonistas dunha das xornadas do carnaval de Neda, que arrinca este venres co festival de comparsas e concurso de disfraces. Como vén sendo habitual, o martes 17, festivo local, programarase a gran festa infantil de entroido, tras a que chegará
a tradicional queima do meco.

A cita gratuíta, á que se convida á rapazada a acudir disfrazada, en compañía das súas nais e pais, desenvolverase no polideportivo municipal Ale de Paz, entre as 17 e as 19 horas. A oferta de lecer incluirá inchables, animación e obradoiros de maquillaxe e de creación de chapas.

Deseguido, a partir das 19:15 horas, iniciarase o pasarrúas, animado por Retumbatuke Percusión, dende o pavillón ata Os Subarreiros. E neste punto, tras a lectura do testamento terá lugar a queima do meco, que volverá ser creación do artista local Carlos García.

A modo de epílogo do carnaval chegarán as dúas citas gastronómicas programadas polo Concello. A merenda dos maiores de Neda, prevista para o venres 20, no centro cívico, e o gran Cocido interxeracional do Entroido, que se celebrará no pavillón municipal o domingo 22. O prazo para inscribirse nestas actividade está aberto na oficina dos Servizos Sociais.

Lea también

Ortigueira inicia la negociación de una nueva RPT

El Gobierno local de Ortigueira inicia este lunes 16 de marzo, la negociación con los …