A Biblioteca municipal de Neda propón na semana de San Valentín “Citas a cegas literarias”

A través de pistas, as persoas socias poderán levar en préstamo obras sen coñecer nin o título nin o autor ou autora.

Coa celebración de San Valentín á volta da esquina, a Biblioteca municipal de Neda propón “Citas a cegas literarias”. Unha iniciativa de dinamización lectora que ofrece ás persoas usuarias unha escolma de libros infantís, xuvenís e de adultos en préstamo, completamente envoltos en papel de regalo, e acompañados dunha pista que non desvela demasiada información (unha frase da obra, a temática, o xénero…) para deixarse sorprender.

“De 3 a 6 anos. Ambientado na contorna, con aventuras e humor”, “En galego. Un clásico. Amor máis aló da morte e grande sensibilidade”, “Novela contemporáneaerótica. Amor fronte a desexo. Gañará o amor?”... Son só algúns exemplos das notas que penden dos libros, coidadosamente empaquetados, que se poñen en préstamo no marco desta proposta, pensada para descubrir autores e obras sen deixarse levar polo atractivo que poida ter a súa portada o por un título comercial.

O fundamental é crear intriga, espertar a curiosidade polo libro… e deixarse sorprender por xéneros e autores que, talvez, non serían obxecto de atención por parte das persoas usuarias da biblioteca municipal.

As persoas socias da biblioteca poderán desfrutar das “Citas a cegas literarias” ao longo de toda esta semana. A selección realizada inclúe uns 25 títulos.

Lea también

Pontedeume anuncia a segunda edición de ‘Merca Queixo’

Terá lugar os días 25 e 26 de abril na alameda de Raxoi da vila …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *