O proxecto de repotenciación do parque eólico Novo de Valdoviño inclúe un curso online de Naturgy

 

Naturgy promove unha nova acción no marco do plan de formación asociado ao proxecto de repotenciación do parque eólico Novo. Neste caso, activa o curso «Operacións e posta en servizo de instalacións de enerxía eólica«, dirixido a persoas que desexen mellorar a súa empregabilidade; persoal docente e alumnado de FP das familias profesionais relacionadas co ámbito (Enerxía e Auga, Electricidade e Electrónica, Instalación e Mantemento, Automatización e Robótica Industrial, Fabricación Mecánica, etc.), e profesionais do sector enerxético que desexen ampliar coñecementos.

Comezará este mes, e desenvolverase ata o 15 de maio, ata completar 56 horas. É online e gratuito, con acceso flexible e sen horarios fixos, co que cada participante pode realizalo ao seu ritmo. A inscrición está aberta, a través dun formulario dispoñible na web municipal (www.concellodevaldovino.com).

A través desta acción, abordaranse os requisitos técnicos, a xestión e as operacións nun parque eólico, abarcando dende o funcionamento da rede eléctrica e a configuración dos aeroxeradores ata as manobras de operación, e a posta en servizo e medidas de seguridade necesarias nunha instalación eólica. Así, o programa inclúe os seguintes temas:

-Sistemas eólicos e conexión á rede: Produción, transporte e subministración da enerxía eléctrica; instalacións de enerxía eólica conectadas á rede; funcionamento da rede eléctrica e sistemas polifásicos.
-Elementos dun parque eólico: Estrutura do parque eólico; subestación eléctrica; estacións meteorolóxicas; telemando e telecontrol; configuración mecánica e eléctrica dun aeroxerador.

-Xestión do parque eólico: Identificación e documentación dos activos; estudos de eficiencia; mantemento preventivo, correctivo, predictivo e planificado; xestión económica; xestión do persoal, repostos e stocks; indicadores e tecnoloxías da información.
-Operación en parque eólico: Manobras habituais de explotación; sistemas manuais e automáticos de operación; manobras en aeroxeradores e subestacións; operación local e remota; probas, toma de medidas e valores de consigna; enerxización, posta en servizo e paro da instalación.
-Seguridade no parque eólico: Sistemas e protocolos de seguridade aplicables á operación e ao mantemento.

A acción formativa conta con financiamento do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

Lea también

La casa de la cultura de Valdoviño acoge un taller de grabado para niños y adultos

Valdoviño acoge el sábado 14 de febrero un taller de grabado dirigido a niños preferentemente …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *